Igrexa construída antes de 1520, cunha portada de ¨estilo manuelino¨. Retablo de Francisco de Moure (S.XVII) que cumpre iste ano 400 anos (1607-2007). O retablo de Sandiás é uns dos poucos retablos tardomanieristas que chegou ata nós completo.
Dende o seu adro vense unhas marabillosas paisaxes da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase unha romaría dunha gran tradición en toda a Limia.