atorredocastro with tag sandiás
Near user atorredocastro
atorredocastro
-
Igrexa de San Xoán de Piñeira de Arcos
Igrexa do Século XIX. Interesante conxunto formado pola igrexa e maila reitoral.
-
Miliarios de Vilariño das Poldras
Tres miliarios (Milla LXVII) da Vía Nova ou Vía XVIII que unia Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga) estando o de maior tamaño dedicado ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).
sandiás vía miliarios arqueoloxía arqueología ourense galicia
-
Igrexa de Santo Estevo de Sandiás
Igrexa construída antes de 1520, cunha portada de ¨estilo manuelino¨. Retablo de Francisco de Moure (S.XVII) que cumpre iste ano 400 anos (1607-2007). O retablo de Sandiás é uns dos poucos retablos tardomanieristas que chegou ata nós completo.
-
A Nogueira
Esta aldea ou casarío (dúas ou tres casas) aínda aparecía nos mapas de 1943. Estaba preto da estrada N-525 polo que a xente trasladouse ó pé da estrada fundando unha nova aldea: O Novaiño (Concello de Sandiás).
-
Torre de Sandiás
Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. En 1467 pertencía ó conde de Benavente. Foi arrasado polos irmandiños, que estaban cercando o castelo de Allariz, grazas a traizón dun criado. Hoxe só queda parte da torre.
-
A Ouceira
Esta aldea ou casarío aínda aparecía nos mapas de 1943. Situábase preto da ermida do San Bieito da Uceira (Concello de Sandiás).
-
Igrexa de Santa María de Couso de Limia
Igrexa románica con posteriores ampliacións e reformas no século XVII.
-
Pista de avións contraincendios de Sandiás
Pista de avións contraincendios en Sandiás (Ourense)
-
Centro Ecuestre de Antela - Hipódromo de Antela (Sandiás - Ourense)
Situado no predio da lagoa de Antela. Consta dunha pista de velocidade de 1500 metros de longo por 20 de ancho. Nela realizánse xornadas de carreiras. No centro atópase un centro de cría de cabalos.
-
Ermida do San Bieito da Uceira
Dende o seu adro vense unhas marabillosas paisaxes da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase unha romaría dunha gran tradición en toda a Limia.
Page: 1 / 2
Tagzania