Iste campamento militar (activo entre o 75 a.C. e o 30 d.C. e despois foi abandonado) controlaba a Vía XVIII ou Vía Nova de Brácara (Braga) a Astúrica (Astorga). 500 lexionarios romanos controlaban un amplo e rico territorio.
Tres miliarios (Milla LXVII) da Vía Nova ou Vía XVIII que unia Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga) estando o de maior tamaño dedicado ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).
Miliario (Milla LXXI) da Vía Nova ou Vía XVIII que unia Bracara (Braga) con Asturica (Astorga) dedicado ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).