Baixo o nome de eira das meigas repártense por todo o país lugares onde supostamente se producían os encontros destes seres míticos. Neste caso concreto, había aquí un cromlech.
Arredor dunha fonte desta praia de localización incerta reuníanse as meigas pola noite de San Xoán. Disque o campanario da igrexa de Coiro tiña un sino efectivo para as esconxurar.
Dise que este enclave era preferido polos meigos para as súas xuntanzas, e que alí acodían tres de cada parroquia. Tamén eran habituais nestes campos as burxas do suleste do país.