Tagzania is closing

Next March 31st Tagzania will stop working. Be sure to download all your data in your profile view before that date. Thank you for all your support these years.


Tagzania ixtera doa

Datorren martxoak 31an Tagzania itxiko dugu. Ziurtatu zure datu guztiak deskargatzen dituzula zure profiletik egun hori baino lehen. Eskerrik asko urte guzti hauetako babesagatik.

Río Pedras

O río Pedras discorre polo concello da Pobra do Caramiñal e, como indica o seu nome, ten o leito cheo de croios. Conta a lenda que San Mauro chegou á Pobra nunha chalana de pedra perseguido polos inimigos, pero a providencia dispuxo que segundo o santo ía río arriba, este enchíase de pelouros, impedindo que o alcanzaran os perseguidores. O tempo e a forza da auga escavaron no leito rochoso pozas de distintos tamaños, profundidades e augas cristalinas, trenzadas por pequenas fervenzas que fan do curso deste río un lugar espectacular. A zona máis interesante está un pouco lonxe do tesouro pero merece a pena percorrer parte do PR-G 91 “Piscinas Río Pedras – A Portela” ata cruzar a ponte medieval da Misarela e chegar ás pozas de riba, aproximadamente 1.200 metros. Rota polo Río Pedras en WikilocO tesouro está preto da zona de aparcamento e fóra do PR-G 91. Detrás da última casa de Aldeavella hai varios muíños abandonados, o seu número amosa a importancia que tiveron en tempos.Este tesouro pertence á serie península do Barbanza. Con eles visítanse unha serie de lugares que consideramos de valor paisaxístico e cultural que queremos compartir con todos os geocachers.

Get Directions to here | Add a new place in this area | Hotels in Ribeira

Big map | Google Earth KML | OpenStreetMap

dplingua (updated 14 years ago)

lat: 42.6304224868, long: -8.94939422607

Embed


Did you see something wrong?, contact Tagzania.