Near user culturagalega
culturagalega
-
Monte Pindo
Disque na cova Casa da Xoana, neste monte, producíanse reunións de meigas con ocasión do solsticio de verán.
-
Campos de Allariz - Allariz
Dise que este enclave era preferido polos meigos para as súas xuntanzas, e que alí acodían tres de cada parroquia. Tamén eran habituais nestes campos as burxas do suleste do país.
-
Eira das Meigas - Monte Neme - Carballo
Baixo o nome de eira das meigas repártense por todo o país lugares onde supostamente se producían os encontros destes seres míticos. Neste caso concreto, había aquí un cromlech.
-
Praia das Areas Gordas. Coiro - Cangas
Arredor dunha fonte desta praia de localización incerta reuníanse as meigas pola noite de San Xoán. Disque o campanario da igrexa de Coiro tiña un sino efectivo para as esconxurar.
-
Fonte do Coto do Castro - Famelga - Augas Santas- Cotobade
Xuntanza semanal de meigas era a que se producía na fonte do Castro de Famelga, en Cotobade.
-
-
Areos de Sevilla
Tamén as meigas viaxan. A tradición indica que as galegas se desprazaban a voar até estes areais para facer os seus encontros.
-
Fundación Wenceslao Fernández Flórez
Casa Museo do escritor Wenceslao Fernández Flórez e do Bosque Animado en San Salvador de Cecebre -Cambre
-
Caminha
Co triunfo da revolta, os nobres galegos tiveron que fuxir para Castela e Portugal. Un dos máis poderosos nobres galegos da época foi Pedro Madruga de Soutomaior: dono de moitas propiedades en Galicia e Portugal. Era Conde de Caminha.
-
Page: 1 / 3
Tagzania