Near user culturagalega
culturagalega
-
Castelo de Monterrei
Está situado nun lugar estratéxico pola súa proximidade coa fronteira con Portugal. A “Acrópole” máis grande de Galicia está formada por tres recintos amurallados sobre unha alongada lomba, nas proximidades de Verín.
-
Castelo de Soutomaior
É un dos castelos máis fermosos de Galicia. Construído no século XII caracterízase por facer gala da gran variedade de técnicas constructivas empregadas. Pertenceu a Pedro Madruga de Soutomaior.
-
Cidade de Pontevedra
Hoxe completamente recuperado e rehabilitado (á falta de que terminen as obras no museo municipal), as murallas do casco medieval de Pontevedra foron as primeiras vítimas da pólvora en Galicia.
-
Castro de Gundián
Na parroquia de San Miguel de Gundián, na PonteUlla (Vedra) atópase, no espectacular paso de San Xoán da Cova, o Castro de Gundián. O lugar acolleu unha das últimas batallas dos Irmandiños. Alí refuxiouse o capitán Alonso de Lanzós cun batallón das Irmand
-
Castelo da Lanzada
O derradeiro enfrontamento documentado entre os irmandiños de Pontevedra e Pedro Madruga, tivo lugar na antiga fortaleza de A Lanzada no tempo en que Don Pedro andaba no Salnés tentando “desfacer a irmandade”.
-
Castelo da Rocha
Durante as décadas de 1450 e 1460, os soldados do arcebispo agrupados no destacamento da Rocha rouban o gando, secuestran labregos e violan mulleres. Foi unha das primeiras fortalezas derrubadas polas Irmandades.
-
Castelo de Palmeira
Do castelo non queda nada, agás a memoria popular. Nos penedos nos que estaba hai agora unha estatua dedicada ao emigrante e unha marabillosa vista sobre a Ría de Arousa e a vila mariñeira. Proba despois os caramuxos cocidos nas tabernas do porto.
-
Torre de Xunqueiras
A Torre de Xunqueiras, no concello da Pobra do Caramiñal, protexíase no medio dun labiríntico pantano. Trala destrución do castelo de Palmeira, as tropas irmandiñas atacaron as Xunqueiras, pero o castelo non puido ser rendido. Atópase nun excelente estado
-
Torre dos Andrade
Pontedeume era o centro dos estensos feudos da poderosa familia dos Andrade, dona e señora de boa parte do Norte de Galicia. De todo o seu patrimonio, aquí destacamos o torreón da súa fortaleza principal no centro da vila de Pontedeume, hoxe Centro de Int
-
Tagzania