Near user atorredocastro
atorredocastro
-
Castromao
Castro que estivo poboado desde o século VI a. C. ata o III d.C.(Novecentos anos de historia). Nel atopouse o pacto de amizade entre o prefecto da Cohors I Celtiberorum e os Coelerni, habitantes do castro.
-
Castro de San Cibrao de Lás
O castro, un dos de maior superficie de Galicia, é un arquetipo dos castros da etapa final da cultura castrexa, coincidente coa romanización do NW peninsular.
-
Igrexa de Santo Estevo de Sandiás
Igrexa construída antes de 1520, cunha portada de ¨estilo manuelino¨. Retablo de Francisco de Moure (S.XVII) que cumpre iste ano 400 anos (1607-2007). O retablo de Sandiás é uns dos poucos retablos tardomanieristas que chegou ata nós completo.
-
Castro de San Millao
Coñecido como ¨A Cidá¨. Castro fortemente romanizado. As súas fortes defensas están reforzadas por ¨pedras fincadas", sendo dos poucos castros que posuen esta característica.
-
-
Xunta de Santiago - Irmandiños
Non temos a data da terceira Xunta das irmandades que se realizou en Santiago. Nela reuníronse ¨mais de corenta baras das irmandades¨.
-
Xunta de Ourense - Irmandiños
En maio de 1469 tivo lugar en Ourense a derradeira Xunta das irmandades.
-
Xunta de Lugo - Irmandiños
En marzo-abril de 1468 tivo lugar en Lugo a cuarta Xunta das irmandades das cinco que habería ata 1469.
-
Xunta de Melide - Irmandiños
En marzo de 1467 tivo lugar a primeira Xunta das irmandades, primeira das 5 que habería ata 1469.
-
Xunta de Betanzos - Irmandiños
Durante o período irmandiño (1467-1469) houbo 5 Xuntas das irmandades, antecedente da Xunta actual posto que ¨Rexían e gobernaban o reino¨. A segunda delas tivo lugar en Betanzos en xuño de 1467.
Tagzania